Elena Candia asegurou que son moitos os veciños que lle trasladaron a necesidade de mellorar neste aspecto e de que se realicen en tempo estas actuacións de limpeza, dado que ata agora estase a facer “tarde e mal”.
Neste senso, a candidata explicou que “se están a manter reunións polas parroquias xa que queremos elaborar un programa conxunto, froito do consenso, e que responda as verdadeiras reivindicacións dos veciños”.
Nesta liña de traballo, os populares mantiveron este mércores unha reunión cos veciños de Santa María Maior, unha parroquia que, segundo Candia, necesita importantes actuacións nas súas infraestruturas viarias e por cuxa solución “pelexaremos”.
Por último, Candia anuncia que o próximo venres celebrarán un encontro cos veciños de Masma, ás 21:00 horas, no local social.