Mondoñedo, 4 de abril de 2015.- O Partido Popular de Mondoñedo está a manter esta fin de semana reunións con asociacións e colectivos do municipio coa finalidade de recoller propostas de cara á elaboración do programa electoral.
Estas primeiras xuntanzas estanse a celebrar cos presidentes e representantes de asociacións e posteriormente manteranse tamén encontros cos veciños xa que o obxecto é “elaborar un programa que responda, dentro de todas as súas áreas, as verdadeiras demandas e necesidades dos mindonienses”.
Así o explicou Alberto García Fernández, coordinador para a elaboración do programa electoral, quen dixo que a idea é a de “captar as ideas tanto de asociacións como dos propios veciños”.
Con esta finalidade, ademais de encontros, dende o PP de Mondoñedo “habilitamos unha dirección de correo electrónico onde todos os que o desexen poden achegar, ao longo das próximas semanas, as súas propostas: programapp2015@gmail.com”.