Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro agradece a participación na enquisa dirixida ós comerciantes

O Partido Popular de Viveiro, a través do seu candidato á alcaldía -Antonio Bouza-, quere agradecer a participación a todos os comerciantes que colaboraron na enquisa dirixida ao comercio baixo o título de ‘Que podemos facer por ti’.

Antonio Bouza valora moi positivamente esta experiencia, na que participaron 283 establecementos de distintas zonas do municipio e que lle proporcionaron unha visión moi real da situación do comercio en determinados aspectos. De feito o popular anuncia que cando chegue á Alcadía comprométese a repetir esta consulta a mediados da lexislatura, para poder comprobar en que aspectos se mellorou e en cales haberá que insistir.

Desde o PP de Viveiro agradecen todas as achegas e suxestións recibidas e que serviron para conformar algunhas das propostas do programa electoral, así como aquelas críticas constructivas que nos axudarán no futuro a unha mellor xestión cara aos comerciantes, actores fundamentais e auténticos motores da economía local.

Deixando ao carón as especificidades de cada zona, hai unha serie de puntos en común sobre os que nos comprometemos a incidir para mellorar dita situación. Estamos falando de temas relacionados coa moderación impositiva, o alumado, a limpeza, o deterioro do mobiliario, o aumento de prazas de aparcamento, as axudas ao sector ou mesmo a promoción do concello, que en moitos casos considérase insuficiente.

Antonio Bouza quere así mesmo, agradecer a boa predisposición mostrada pola Directiva da Asociación Viveiro CCH, con quen se reuniron o pasado venres 24 de abril e en cuxa reunión coincidiron no diagnóstico da situación, así como nas posibles solucións para mellorar as condicións actuais.

O PP de Viveiro comprométese a estar á beira do sector, impulsando o traballo e a participación desde a mesa local do comercio e cunha concellería de Comercio que en todo momento atenderá as demandas dos comerciantes, escoitando as súas propostas e facilitando a súa posta en marcha.

Exit mobile version