Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG-PSOE de Burela presenta a candidatura ante a veciñanza o mércores 29 de abril

O PSdeG-PSOE de Burela vén de facer pública a presentación da candidatura coa concorrerá ás vindeiras eleccións municipais do 24 de maio e que se presentará ante todos os veciños e veciñas de Burela nun acto que terá lugar no Salón de Conferencias (antiga biblioteca) o vindeiro mércores 29 ás 20.00 horas.

O acto será presentado por Ramiro Fernández, Secretario Xeral da Agrupación de Burela e no mesmo participará o Secretario Xeral Provincial, Juan Carlos González Santín e o candidato á alcaldía, Alfredo Llano, que explicará as liñas do programa electoral co que o PSdeG-PSOE de Burela se presentará.

A candidatura está renovada nun 50% con respecto ás anteriores eleccións municipais, e está composta por xente con ilusión e gañas de aportar cousas para mellorar a vida dos veciños e veciñas de Burela despois de catro ano de travesía no deserto polo “desgoberno” no que o Partido Popular sumiu a Burela.

Ás liñas mestras que os socialistas seguirán no seu programa será o emprego, recuperación de servizos públicos e defensa dos mesmos, mellora de infraestruturas, transparencia na vida pública e mellorar e potenciar a imaxe do pobo.

“Dende o PSdeG-PSOE de Burela invitamos a todos os veciños e veciñas a que participen neste acto”.

Exit mobile version