Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG-PSOE de Foz comprométese cos veciños a “consensuar” as iniciativas da zona da Rapadoira

En pasados días o PSdeG-PSOE de Foz e o seu candidato Jaime Cancio mantivo una xuntanza cos veciños de Illa Nova, Rego de Foz, Rúa de Sarria e As Torres para mediante o diálogo e o consenso ter un contacto directo sobre as nosas propostas e recibir as súas inquietudes, así mesmo como todas as queixas que entenden urxentes.

Por iso temos que resaltar que principalmente os veciños mostraron o seu descontento sobre a falla de limpeza da zona, o abandono dos parques infantís e pistas deportivas, a pasividade do concello sobre o botellón e o ruído xerado polos efectos da “movida nocturna” e as queixas que xerou na zona a instalación de boiardos na rúa impedindo aparcamento e nalgúns casos o normal desenvolvemento da actividade comercial de carga e descarga.

Entenderon como boa a reordenación da zona axardinada da praia da Rapadoira, o estudio e creación, si así se acorda, dun rastro a promover na zona, así como tamén a autorización provisional de puntos de venda, acordes coa zona da Rapadoira, de artesanía, souvenir, información turística, etc. E, en xeral poñer en valor, unha zona de especial importancia cara o turismo durante todo o ano na vila de Foz e, como non pode ser de outro xeito, a supresión das barreiras arquitectónicas.

Así pois os socialistas de Foz e o seu candidato Jaime Cancio agradecemos a colaboración dos veciños participando nestas xuntanzas e sobre todo as súas apartacións que todos fixeron dentro do mellor clima de diálogo e saber estar.

Os socialistas adquirimos por tanto o compromiso de xuntarnos cos veciños, tanto desde o goberno como desde a oposición, ao largo do ano para consensuar calquera das medidas que se acorden para a zona e agrademos a Cafetería Rapadoira a colaboración desinteresada coas súas instalacións para a celebración desta xuntanza.

Exit mobile version