Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG – PSOE de Foz convida a todos os veciños a celebrar a festa do 1º de maio

Foz, 27 de abril de 2015.- Os Socialistas de Foz conmemoramos a festividade do 1º de Maio compartindo un xantar na área recreativa do Bispo Santo, unha tradicional celebración que este ano alcanza xa a súa XXIX edición.

Unha vez mais o 1º de maio de 2015 ten que servirnos de altavoz para denunciar, fronte a esa mellora da macroeconomía da que se vangloria o PP, que a tan ansiada recuperación non chega, nin se nota nos fogares dos cidadáns. Desgraciadamente non chegará nin se notará, mentres siga existindo unha insoportable taxa de paro, os mozos se vexan obrigados a emigrar para gañarse a vida, os salarios e as pensións perdan poder adquisitivo ou se continúe desmantelando o estado de benestar tal e como o coñecíamos ata a chegada da dereita.

Este 1º de maio atopámonos, sen dúbida, diante do reto mais importante que ten a nosa agrupación, as próximas eleccións municipais do 24 de maio, que teñen que ser a oportunidade de parar os pés á dereita. A oportunidade de dicir SI a outra forma distinta de gobernar, a que nos ofrece o noso candidato Jaime Cancio, e dicir NON a esa dereita ausente que ten completamente abandonado o goberno do noso pobo de Foz.

Invitamos a todos os veciños, amigos, afiliados ou simpatizantes que queiran asistir, a compartir con nos o seguinte programa de actos:

13:00 h:-Recepción dos asistentes.
14:00 h:- Discursos e Xantar

Menú:

Paella.
Costela asada con patacas e pementos.
Sobremesa: Pastel de limón.
Viños branco e tinto, auga, refrescos. Café e licores variados.

O prezo por persoa será de 15€ adultos, gratuíto para nenos menores de 6 anos e de 10€ para nenos de 6 a 12 anos .

Os que queiran asistir teñen que anotarse antes do martes 28 de abril, chamando ao teléfono: 667 052 058

Exit mobile version