Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE burelés alégrase polas novas sobre o futuro da antiga ECESA

Burela, 17 de abril de 2015.- Dende a Executiva do PSdeG-PSOE de Burela queremos amosar a nosa ledicia e esperanza ante as novas e informacións que temos sobre o futuro da antiga ECESA e queremos facelo público. Segunda estas informacións, o futuro de que a empresa volva a ter actividade parece ter unha solución viable, seria e que garante practicamente todos os postos de traballo que esta empresa tiña antes de cesar a súa actividade. Tamén queremos recoñecer e felicitar o traballo tanto dos representantes sindicais como dos sindicatos que o compoñen, UXT e CCOO, que sempre apostaron pola continuidade da actividade da empresa e polo mantemento dos postos de traballo, e por eles nos aledamos máis aínda.

Tamén temos que criticar a actitude do Alcalde de Burela que non foi capaz de mover un dedo pola continuidade desta empresa deixando ós veciños que nela traballaban abandonados á súa sorte, chegando inclusive a rexeitar xuntarse con eles en algunha ocasión cando se lle pedía a súa implicación como máxima autoridade no pobo. Unha vez máis o Sr. Barcia queda retratado, demostrando que para nada lle interesan os intereses dos seus veciños. Máis tendo en conta que o Sr Barcia é o campión da creación de paro no noso Concello ó que vai deixar cun paro de máis de 750 desempregados.

Dende o PSdeG-PSOE de Burela esperamos que este proxecto saia para a diante e que se leven a cabo as inversións prometidas por esta empresa española interesada en reflotar esta empresa e ante todo que se poidan xerar postos de traballo que son tan necesarios ante a dramática situación na que nos atopamos.

Comisión Executiva PSdeG-PSOE Burela

Exit mobile version