Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Ribadeo convida aos veciños e veciñas a unha asemblea aberta en ruta para analizar as necesidades que ten o municipio

RIBADEO, 9 DE ABRIL DE 2015.- Os socialistas de Ribadeo convidan aos veciños e veciñas a participar nunha asemblea aberta en ruta que realizarán este sábado, día 11, para ver sobre o terreo e falar das necesidades que ten o municipio. Nesta actividade participarán o candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía ribadense, -Roberto Ramos Piñeiro-, e outros membros da candidatura.

O percorrido empezará ás 11 da mañá con saída dende o parque de San Francisco para ir camiño da Vilavella, antiga fábrica de algas, paseo das Aceas ata chegar aos Muíños, onde se fará unha breve parada e charla, para despois volver polo mesmo camiño ata o punto de partida e fin da ruta, que é o parque de San Francisco.

Roberto Ramos explicou que “a novidade desta asemblea aberta é que será realizada en ruta, co obxectivo de facer dunha forma distinta e saudable reunións para coñecer as inquedanzas, suxestións e propostas de todos os veciños que se acheguen e nos acompañen, para incorporar ao noso programa todas aquelas actuacións que sexan factibles e que consensuemos”.

O alcaldable socialista de Ribadeo rematou invitando a “todos os veciños a que se acerquen o sábado ás 11 da mañá ao parque de San Francisco, dende onte sairemos, e que nos acompañen nesta ruta que pode resultar, aparte de saudable, moi interesante, porque pode aportarnos moitos datos sobre as inquedanzas dos nosos veciños”.

Exit mobile version