Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Ribadeo presenta a lista completa da candidatura para as eleccións municipais

candidatura-psoe-ribadeoA lista completa da candidatura socialista de Ribadeo foi presentada este xoves na Casa do Mar coa presenza do Secretario Xeral dos Socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, e o Secretario Provincial, Juan Carlos González Santín.

1. Roberto Ramos Piñeiro (Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte. Máster en Dirección e Xestión de RRHH. Empresario).

2. David Fernández Feijóo (Mecánico de automoción e mecánica naval. Empresario).

3. Aurora Gonzalez Ginzo (Licenciada en filoloxía inglesa pola USC, e funcionaria da Administración Xeral do Estado con praza na Administración da Axencia Tributaria de Foz. Secretaria e Portavoz da Asociación pola Xestación Subrogada en España e Secretaria da Asociación de Veciños de Vilaframil onde reside).

4. Camilo José Vázquez Corveiras (Técnico en Emerxencias Sanitarias. Formador ocupacional do Ministerio de Traballo. Actualmente Técnico de Emerxencias do 061. Instructor de Soporte Vital Básico polas principais sociedades científicas de Europa. Promotor e director das Xornadas Emerkids Galiza de Emerxencias no ámbito escolar. Promotor de charlas e talleres de Primeros Auxilios gratuítos para colectivos. Creador e presidente da Asociacion Cultural EFEGA que ten como obxectivo a formación da poboación en xeral en materia de Primeiros Auxilios).

5. María Paloma Díaz Andina (Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación. Escritora. Creadora do Consello Reitor da Fundación Instituto de Estudios Políticos e Sociais. Ex-vicepresidenta da Asociación galega de defensa dos dereitos animais. Experiencia en organización na agrupación do PSG-PSOE en A Coruña, ex-vicepresidenta de ADDA Coruña, ideóloga do grupo e respnsable de Programa dentro do Comité de Organizacion das próximas eleccións).

6. Ramón Angel Coto Longarela “Mena” (Analista laboratoria en Alcoa)

7. Cristina Losas (Secretaria de organización da agrupación local e coordinadora da campaña).

8. Ceferino Rodríguez Carril (Veterinario).

9. Ana María Fernández Gómez (Técnica en coidados auxiliares de enfermería).

10. Coté Fernández del Río (mariscadora)

11. Miguel Ángel Cima Álvarez
(Empregado de Telefónica de España)

12. Elva Qiñoá López (Administrativo no Servizo da Piscina Municipal de Ribadeo)

13. Jennifer Moure López (Diplomada en Ciencias Empresariais).

14. Maria Luisa Loredo Fernández (Licenciada e Máster en Ciencias Políticas – Relaciones Internacionais polas universidades Complutense e de Xenebra. Profesora certificada TELF-CELTA para a ensinanza do inglés pola Universidad de Cambridge. Traballou durante 15 anos como Especialista en Cuestiones Políticas na Secretaría Xeral de Nacións Unidas, Nova York. Na súa volta a España participou no proxecto de creación dunha Axencia de Nacións Unidas en España e foi profesora de inglés na Casa do Rey e diversas Institucións Universitarias. Dende o 2012, desenvolve unha labor de asesoría e docencia lingüística en Ribadeo).

15. Antonio Fernández Escudero (Técnico de mantemento no Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo).

16. Andrea Ramallal Alonso
(Técnico Superior de Laboratorio de Diagnóstico Clínico. Traballadora na panadería La Plaza. Xuventudes Socialistas).

17. José Ramón López López “O Macizo” (Ex-cociñeiro en Alcoa. Xubilado. Pecha a lista como homenaxe por ser “home de Partido de sempre”).

Suplentes
Valentín Izquierdo Rodríguez: funcionario municipal.

María del Carmen Díaz Ríos: Auxiliar de Enfermería. Traballadora de comercio.

Rosario Pardo Suárez: xubilada pertencente á executiva local.

Exit mobile version