Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Trabada a posta polas redes sociais

psoetrabada-videoA agrupación socialista de Trabada quere plantar cara o goberno do PP que leva 24 anos en Trabada. Para iso confían nas redes sociais e realizan un video para mostrar as súas intencións a través da rede.

A xente que compón esta lista é:

1. Mayra García Bermúdez. 26 anos. Diplomada en Ciencias Empresariais. Administrativa nunha cooperativa en Trabada. Voceira do grupo municipal, secretaria Xeral da agrupación local e coordinadora comarcal do PSOE na Mariña.

2. Miguel Fernández Freire. 31 anos. Licenciado en Dereito e abogado.
3. Alicia Yanes Maseda. Licenciada en Xeografía. Socia dunha academia de estudos. Anterior candidata.
4. Rubén García Freije. Empregado de supermercado. É o máis novo da candidatura.
5. Julia María Barcia Fernández. Licenciada en Ciencias Químicas. Desempregada.
6. Rosa María Pérez Prieto. Auxiliar de explotación e membro do comité de empresa de Africor Lugo.
7. Manuel Álvarez Gasalla. Empresario do sector forestal.
8. Suevia Reimondo Gasalla. Auxiliar de Enfermería. Na actualidade, é comercial dunha empresa aseguradora.
9. Hermenegildo Iglesias Vázquez. Licenciado en Historia. Profesor de Instituto.

Suplente:
10. José María Barcia Gallo. Gandeiro. O veterano do Partido, pois xa formou parte da candidatura das primeiras eleccións democráticas de Trabada, celebradas en 1979.

Exit mobile version