Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE focense denuncia o “oportunismo electoral” do alcalde en relación coa N-642

Foz, 30 de abril de 2015.- Dende a Agrupación Socialista do PSdeG-PSOE de Foz e a través do seu candidato Jaime Cancio, vémonos na obriga de manifestar o oportunismo electoral que con referencia a N-642 mais coñecida como a carreteira da costa, ven de facer o Alcalde de Foz e outros sobre a iniciativa da súa reparación.

E de todos sabido que en novembro de 2014 aprobouse no Parlamento de Galicia unha iniciativa parlamentaria do Partido Socialista pedindo a reparación URXENTE da citada carreteira. Non he menos certo de que os candidatos socialistas solicitaron o seu Secretario Xeral Pedro Sánchez que levara o Parlamento do Estado a necesidade URXENTE da reparación da N-642 que xa debía de ter solicitado o desaparecido goberno do PP na Xunta de Galiza.

Por elo, sorpréndenos que o Alcalde de Foz presuma do anuncio da licitación deste vial cando estivo durmido, calado e ignorando as penalidades dos veciños. Agora presume da licitación con unha tramitación ORDINARIA o que se traduce nunhos prazos mais longos para que sirvan para seguir enganando un pouco mais no tempo.

Isto entendese en que a obtención de piegas para ofertar chega ata o once de maio, o prazo de presentación ata o vinte de maio e a apertura de ofertas económicas ata o dez de xuño, mais o período de reclamacións dos ofertantes e un prazo de execución de CATRO MESES.

De o contido de este anuncio de licitación e destes prazos ORDINARIOS dedúcese que teremos o anuncio da reparación coincidindo coas Eleccións Municipais, os traballos e inconvenientes das obras en pleno verán e a finalización das mesmas coincidindo co previsible adianto das eleccións xenerais.

Os socialistas de Foz rechazamos esta maneira de enganar a veciñanza na que participa o Alcalde de Foz para, con unha obra que debía ser urxente, aparentar xestión e que sirva de acicate para dúas campañas electorais. Esta maneira de gobernar e do século pasado xa que non ten en conta as necesidades da veciñanza, do sector Industrial da Mariña, Pesqueiro, Forestal, Turístico e outras actividades.

Exit mobile version