Site icon Crónica3.com A Mariña

O Ribadeo continúa sumando

O Ribadeo FC sobreponse do primeiro gol do colista no partido disputado este domingo no Municipal de Ames e suma 3 novos puntos que os manteñen sétimos a 2 da zona de promoción de ascenso. Con 51 puntos, os mariñáns teñen asegurada a permanencia un ano máis na Terceira División.

Os 5 goles que se puideron ver en Ames non reflexan a realidade do xogo sobre o céspede caracterizado polas numerosas imprecisións. A primeira foi un penalti que Coria estrelou no pau da portería de Javi Liz. Aínda así, o propio Coria inauguraba o marcador para os locais. Pouco despois, Dapo marcaba de cabeza para os lucenses e no minuto 45 Santi transformaba un penalti que colocaba ós de Germán e Vilachá por diante no marcador.

Con liñas similares ás do primeiro tempo, desenvolvíase a segunda metade; aínda que os visitantes dispoñían das ocasións máis claras. Así, Javicho poñía o 1-3 preto do final e, a 3 minutos do tempo regulamentario, o Bertamiráns recortaba distancias con gol de Joni que poñía o definitivo 2-3 no electrónico.

Exit mobile version