Site icon Crónica3.com A Mariña

O Ribadeo FC gaña (2-1) e colócase con opcións de promoción

O Ribadeo FC pasou de loitar pola permanencia a comezos da segunda volta para posicionarse na quinta praza con 54 puntos, a un da zona de promoción de ascenso. Se ben hai que ter en conta que 10 equipos se atopan en tan só 8 puntos de diferenza a falta de catro xorndas para o remate da temporada; o certo é que a vitoria dos celestes ante o Barbadás lles permite soñar con xogar o ascenso despois dunha temporada na Terceira División.

Os de Germán e Vilachá suman 11 puntos nas últimas 5 xornadas e o vindeiro domingo 26 de abril mediranse a un Arousa que encadea dúas derrotas consecutivas despois de tres empates.

Ante o Barbadás, Javicho inauguraba o marcador cun destacado gol; pero os visitantes empataban dende as botas de Moisés Pereiro. Foi na segunda metade cando Rafa Casanova poñía o definitivo 2-1 no marcador. A pesar de contar con ocasións ante a portería de Javi Liz, os ourensáns non puideron quitarlle ós locais o título de favoritos no Pepe Barrera.

Últimas xornadas
Arousa – Ribadeo (26/04)
Ribadeo – Choco (03/05)
Rápido de Bouzas – Ribadeo (10/05)
Ribadeo – As Pontes (17/05)

Exit mobile version