Site icon Crónica3.com A Mariña

O socialista Darío Campos concorrerá ás municipais cunha candidatura de consolidada experiencia política na Pontenova

A PONTENOVA, 18 DE ABRIL DE 2015.- A agrupación socialista de A Pontenova, con Darío Campos á cabeza, vén de aprobar a candidatura coa que o PSdeG deste municipio concorrerá ás eleccións municipais do 24 de maio. Trátase dunha lista formada por 11 integrantes, e 4 suplentes, profundamente consolidada , pois o obxectivo, engade o alcaldable, é “continuar cun equipo no que a experiencia política dea resposta ás necesidades dos veciños e veciñas da Pontenova, como viñemos facendo ata o de agora”.

Neste senso, temos que lembrar Campos, veterinario de profesión, leva dous mandatos sendo elixido con maioría absoluta, proba da boa xestión que se está a realizar no concello e anuncia que “aspira a conseguir os mesmos resultados para seguir traballando nesta mesma liña, co compromiso de dar resposta ás inquietudes da cidadanía”. Ademais, indicou, “seguiremos exercendo a nosa labor coa transparencia dun goberno aberto a todos e todas”

Tan só cambia unha integrante
Así mesmo, a candidatura lixeiramente retocada, xa que tan só cambia unha integrante, responderá plenamente ás necesidades dos veciños e veciñas. Campos afirma que “é unha boa candidatura, con ganas de traballar e facer cousas polo noso concello”. A candidatura é a seguinte:

1. Darío Campos Conde.
2. Isabel Couto González
3. Francisco Martínez Bermúdez
4. Ana Belén Quintela López.
5. Francisco Javier Rois Freijo.
6. Jesús Cabodevila Fernández.
7. Manuel Alonso López
8. Felicidad Fernández Bouza.
9. Jose Ramón Uria Alonso
10. Tomás Meilán Saavedra
11. María Ángeles Villapol Ogaza

Suplentes:
1. Eliseo Villarín Méndez
2. Jose María Fernández Navais
3. David García Miranda
4. Carlos Traviesas Sampedro.

Exit mobile version