Site icon Crónica3.com A Mariña

O xoves, nova xuntanza en Burela con persoas que sofren trastornos alimentarios e os seus familiares

Burela, 11 de abril de 2015. O vindeiro xoves, 16 de abril, terá lugar unha nova xuntanza na Casa do Concello con persoas con trastornos do comportamento alimentario e/ou os seus familiares. Será a partir das 19 horas. O obxectivo é aunar esforzos a través da constitución dunha organización sen ánimo de lucro, coa misión de axudar ás persoas que sofren trastornos alimentarios e aos seus familiares.

No encontro do xoves abordaranse cuestións coma a bulimia, a anorexia e outros trastornos alimentarios coma as intolerancias e as alerxias. Diana Durán, concelleira de Servizos Sociais, explica que “imos tamén programar obradoiros con estas persoas, para o que contaremos coa presenza dun técnico na materia”.

Exit mobile version