Site icon Crónica3.com A Mariña

Once centros educativos da comarca desenvolverán contratos-programa dirixidos á mellora do éxito escolar

A Mariña, 28 de abril de 2015.- O Partido Popular da Mariña puxo en valor a autorización por parte da Xunta a once centros educativos públicos da nosa comarca para o desenvolvemento dos denominados como contratos-programa isto é, de distintas iniciativas dirixidas á mellora do éxito escolar.

En concreto, o Goberno galego autoriza a seis colexios públicos e catro institutos de ensino secundario da Mariña, para implantar estes programas de mellora a desenvolver no presente curso.

Os populares explican que, en función do proxecto presentado polo equipo directivo de cada centro, estas iniciativas poden consistir en: programas de reforzo, orientación e apoio aos estudantes, de mellora da competencia matemática, de mellora da convivencia nos centros e prevención do abandono temperán e do absentismo escolar, de mellora de coñecementos para acadar a excelencia, etcétera

Son directamente os distintos centros os que, tras analizar as súas fortalezas e debilidades en base a datos estatísticos, establecen o proxecto a impulsar e o Goberno galego quen os autoriza, tras avaliar o programa de actuacións concretas presentado polo equipo educativo.

COMPROMISO COA EDUCACIÓN PÚBLICA
Os populares salientan o compromiso do Goberno galego coa mellora da educación pública comarcal e sinalan a importancia deste sistema de contratos-programa polo que os centros educativos deseñan directamente medidas específicas para impulsar as capacidades de todo o seu alumnado, conforme as súas circunstancias concretas e contando co apoio económico e técnico da Xunta.

Segundo a relación publicada no Diario Oficial de Galicia os beneficiarios na Mariña lucense serán:

Colexios públicos:
Barreiros: CEIP San Miguel de Reinante Barreiros
Burela: CEIP Virxe do Carme
Pontenova (A): CEIP Plurilingüe da Pontenova
Ribadeo: CEIP Gregorio Sanz
Trabada: CEIP Celso Currás
Viveiro: CEP Luís Tobío

Institutos de Ensino Secundario:
Burela: IES Monte Castelo e IES Perdouro
Foz: IES de Foz
Mondoñedo: IES Plurilingüe San Rosendo
Ribadeo: IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

Exit mobile version