Site icon Crónica3.com A Mariña

Os atletas do C.D. Egovarros-Viveiro acadan 8 medallas no Campionato Galego de Milla en Ruta

IMG-20150413-WA0032Viveiro, 13 de abril de 2015.- O pasado domingo celebrouse na localidade coruñesa de Sada, o Campeonato Galego de Milla en Ruta cunha masiva participación de atletas de todo Galicia, a proba foi organizada pola Federación Galega de Atletismo coa colaboración do Clube de Atletismo Sada. Por parte do clube viveirense tomaron a saída 15 atletas, subindo 8 deles ó podium.

No apartado femenino as medallistas foron: Luisa López foi medalla de bronce en W40, a súa compañeira Begoña de Arriba, tamén acadou o bronce na categoría de W55.

No apartado masculino destacar a: José Rioseco que en M70 acadou a medalla de ouro batindo o record galego deixándoo en 6 minutos e 8 segundos; o mesmo fixo o seu compañeiro de equipo en M75 Antonio Cabana, que tamén acadou ouro batíndo tamén o record galego e deixándoo en 6 minutos 41 segundos; Antonio Hernandez en M65 foi medalla de ouro batindo tamén o record galego e deixándoo en 6 minutos 26 segundos; Eliseo López proclamouse campeón galego en M60 ,mentres o seu compañeiro Salvador Patiño en M60 facíase coa medalla de prata e en M55 foi medalla de bronce Fermín Pan.

A próxima proba na que participarán atletas do C.D. Egovarros-Viveiro será o próximo domingo no Campeonato Galego de Maratón.

Exit mobile version