Site icon Crónica3.com A Mariña

Centros de secundaria da Mariña asistirán o venres á representación escénico-musical da historia do jazz de Gallaecia Gallaeciños

O próximo venres 10 de abril, ó longo da mañá, practicamente todos os centros públicos de secundaria da Mariña luguesa, reuniranse no Auditorio de Burela para asistir a unha representación escénico-musical sobre a historia do Jazz coordinada polo departamento de música do IES Marqués de Sargadelos de San Cibrao e o IES Illa de Sarón de Xove.

“Gallaecia Big-Band ten varios espectáculos de calidade e, tanto o IES de Xove como o IES de San Cibrao, pensamos na posibilidade de traer o espectáculo a esta zona e mostrarllo aos nosos alumnos, debido a que é difícil que poidan acercarse a un estilo de música tan complexo e interesante como é o jazz, e dunha forma lúdica como, ao parecer, ofrecen. Esta iniciativa, finalmente, pareceulles interesante á práctica totalidade dos centros da Mariña, polo que asistiremos ademais do Ies de Xove e o de San Cibrao, o Vilar Ponte de Viveiro, o Ies Perdouro e Monte Castelo de Burela, o Ies de Foz, o Ies de Alfoz-Valadouro e o Ies San Rosendo de Mondoñedo. Realmente haberá unha gran concorrencia que esperemos que cumpra coas expectivas”.

Gallaecia Gallaeciños é un proxecto educativo e teatral no que 6 músicos e 2 cantantes-actores (Paty Lesta e Sergio Zearreta) farán un percorrido cronolóxico pola historia do Jazz e os seus estilos mais célebres (bebop, swing, blues…) a través das interpretacións de temas de Scott Joplin, Duke Ellington, Charlie Parker, Miles Davis…

Exit mobile version