Site icon Crónica3.com A Mariña

Os nacionalistas laurentinos dispostos a rematar con máis de 25 anos de promesas e incumprimentos de goberno do Partido Popular

Lourenzá, 20 de abril de 2015.- O Bloque Nacionalista Galego procedeu a aprobar o pasado Xoves a lista coa que concurrirá as vindeiras eleccións municipais do 24 de Maio coa intención de rachar dunha vez por todas con case tres décadas de goberno clientelar do Partido Popular.

Os nacionalistas destacaron que se trata dunha candidatura con vocación de goberno formada por veciños e veciñas de case a totalidade das parroquias, xeracionalmente diversa e profesionalmente plural da que forman parte desde autónomos até asalariados ou desempregados e dende labregos até funcionarios. É unha candidatura comprometida co interese xeral que non co particular, comprometida co noso concello e fundamentalmente cunha vocación de servicio a todos os veciños. Unha candidatura que se presenta para solucionar problemas e non para crear outros dividindo aos veciños ou enlameirando a vida política local.

César Docampo encabeza a lista do BNG en Lourenzá co fin de dar continuidade á labor iniciada hai catro anos
O Bloque Nacionalista Galego procedeu a aprobar o pasado Xoves a lista coa que concurrirá as vindeiras eleccións do municipais do 24 de Maio e que vai estar encabezada por Cesar Docampo Fernández, natural e veciño de Lourenzá de 34 anos, encargado de obras actualmente desempregado.

César Docampo Fernández afirmou que “ a candidatura do BNG é unha equipa para posibilitar o cambio político do que Lourenzá está tan necesitado, unha equipa para mudar o rumbo dun Concello dirixido por un goberno esgotado, un goberno totalmente viciado e descoñecedor da realidade diaria na que viven os seus veciños, unha equipa para devolver a ilusión aos veciños e restaurar a democracia. Democracia que significa igualdade no trato para os veciños, democracia que implica entender as persoas como suxeitos de dereitos e que polo tanto implique desterrar as prácticas clientelares. En definitiva tratase de rematar cun goberno que se caracterizou por case 30 anos de promesas e outros tantos anos de incumprimentos”.

O candidato nacionalista manifestou que agora é o momento de consolidar e dar continuidade ao traballo feito polo BNG como oposición nestes últimos catro anos, un traballo que segundo César Docampo demostrou que o grupo municipal do BNG foi única oposición existente ao goberno laurentino do Sr. Martínez Sierra e da Sra. Émma Álvarez, oposición sería e responsábel que agora nos lexitima como única alternativa de goberno onde as liñas centrais da alternativa programática dos nacionalistas van na triple dirección de favorecer o desenvolvemento económico do concello, afortalar os servicios sociais e mellorar as infraestructuras municipais básicas. “Non hai posibilidade algunha de futuro se non se actúa nestes tres eixos” afirmou César Docampo. A súa vez os nacionalistas laurentinos expresaron a súa vontade de democratizar a vida política do concello incitando á maior participación cidadá á hora de tratar temas tan importantes como os orzamentos ou a proposta de obras a executar xa sexa con fondos municipais ou a través dos distintos plans finaciados por outras institucións. Pretenden a maiores os nacionalistas laurentinos modificar as bases de contratación que actualmente rixen no noso concello cambiando por norma a composición das mesas de contratación coa intención de arredar delas a membros de partidos políticos ou persoal con vencellos políticos ou mesmo persoal do concello, o que permitiría que os procesos de selección fose limpos ao 100 % e non poidesen verse influenciados por inxerencias políticas. Dentro dun amplo paquete de medidas os nacionalistas expresaron tamén a súa intención de revisar á baixa os salarios de cargos políticos no concello propoñendo a eliminación da adicación parcial da tenencia de alcaldía que lle supón ao concello máis de 21.000 € bruto ao ano e a limitación do salario da alcaldía a un máximo de 32.000 € bruto ao ano, aproximadamente 1,20 veces o salario medio español, así como a limitación de gastos mensuais en conceptos de dietas e desprazamentos establecendo un máximo de 120 € ao mes por representate ate un máximo de dous.

A candidatura do BNG complétase coas seguintes persoas nesta mesma orde: 2. Anxo Fernández Vilalba (Vilanova, comerciante), 3. Ramón Valiña Rivas (Pumar De Don, traballador empresa forestal), 4. Francisco Xavier Trigo Maseda (Vilanova, Panadeiro), 5. Laura Rivas Valea (A Tilleira, administrativa), 6. Pedro Barreira Salgado (Santo Adrao, autónomo), 7. María Isabel Fernández Balseiro (Vilanova, comerciante), 8. David Neira Trelles (Arroxo, pensionista), 9. Olivier Valiña Araujo (Vilanova, canteiro desempregado), 10. Xosé Miguel Ramil Seivane (Vilanova, traballador da construcción e músico), 12. María Belén Fanego Barreira (Santo Adrao, ex-concelleira do BNG en Lourenzá e traballadora do SERGAS), 12. Daniel Saiz Docampo (Vilanova, estudante).

Exit mobile version