Site icon Crónica3.com A Mariña

Os premios ós gañadores do II Concurso de lemas e debuxo contra a discriminación racial serán entregados este xoves en Burela

Burela, 29 de abril de 2015. Este xoves, ás 11.30 horas no salón de plenos do Concello, terá lugar a entrega dos premios aos gañadores do II Concurso de Lemas e Debuxo, convocados para celebrar o día internacional para a eliminación da discriminación racial. No acto participarán o alcalde, José Mª González Barcia, a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Diana Durán, e Conchi Pernas, responsable do programa de atención a inmigrantes do Concello burelés.

O gañador do concurso de lemas foi Ramón Ben Casas. O seu lema foi: “a multiculturidade é un arte social”. A gañadora do concurso de debuxo na categoría de 6 a 12 anos foi Raisa Rivera Chonate e a gañadora na categoría de 12 anos en diante foi Claudia Olaya Saavedra. Ambas son alumnas do IES Perdouro.

Recibirán un premio especial polos traballos presentados a Fundación Eu Son e a asociación A Mariña. “Presentaron dous debuxos feitos en conxunto polos membros de cada colectivo. Trátase dun collage e dun debuxo moi bonitos”, explicou Diana Durán.

Exit mobile version