Site icon Crónica3.com A Mariña

Os primeiros 70 beneficiarios do “Ben Empregado!” reciben formación na Deputación

IMG_6483Lugo, 30 de abril de 2015.- Uns 150 participantes do Ben Empregado!, sumados os 70 primeiros beneficiarios e os representantes de empresas e entidades nas que estes traballarán, tomaron parte nunha xuntanza informativa que tivo lugar este xoves no Salón de Actos do Pazo de San Marcos e na que os técnicos provinciais lles detallaron cales son os seguintes pasos no desenvolvemento deste plan de emprego.

Trátase dos primeiros dos 300 desempregados lucenses e das máis de 220 empresas e asociacións sen ánimo de lucro de toda a provincia que se beneficiarán do 4º macroproxecto de fomento do emprego que a Deputación puxo en marcha nos últimos catro anos.

Estes 70 beneficiarios asinarán nos vindeiros días os contratos cos que comezarán a traballar en diferentes empresas e entidades da provincia por un período dun ano. Serán contratos de calidade, nos que se inclúen cláusulas sociais; estables e con vocación de continuidade, posto que para a selección final das entidades beneficiarias puntuouse máis alto canto máis grande era o compromiso de ditas empresas e colectivos para prolongar os contratos.

En canto a estas primeiras entidades nas que prestarán servizos estes traballadores, cuxos perfís responden ás necesidades reais destas, atópanse asociacións sen ánimo de lucro; negocios de hostalería; explotacións agrícolas; axencias de viaxes; empresas do sector da madeira; librarías; empresas de servizos inmobiliarios; de artesanía; panaderías; consultorías medioambientais e de servizos de novas tecnoloxías; negocios de automoción ou de electrónica, entre outras.

1.800 empresas adheridas ao Ben Empregado!2
1.800 empresas, asociacións e entidades sen ánimo de lucro xa se adheriron á segunda fase do Ben Empregado!, que está a desenvolver a Deputación. O orzamento co que conta nesta ocasión aumenta ata os 6 millóns, o que permitirá a participación de aínda máis entidades e, polo tanto, a contratación de máis desempregados, en concreto máis de 350.

Lara Méndez destacou que esta segunda fase púxose en marcha “ante o máis que rotundo éxito da primeira fase, que superou as mellores expectativas, dun programa que beneficia ás empresas e ás persoas, ao comunicar directamente á oferta de emprego e a demanda na nosa provincia”.

Exit mobile version