Site icon Crónica3.com A Mariña

Participación da OPP-07-Lugo nas reuniones de diferentes consellos consultivos en Bilbao, con motivo de Sinaval

22 de abril de 2015.- A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo (OPP-07-LUGO), está presente nas reunións dos Consellos Consultivos Peláxico, Augas do Sur e Augas do Noroeste, que se celebran en Bilbao dende o martes 21 de abril ata este xoves 23 de abril, con motivo de SINAVAL.

Así, o Secretario Técnico, José Manuel Fernández Beltrán, participou no día de onte nas reunións do Comité Executivo e os Grupos de Traballo do Consello Consultivo Peláxico. Analizouse a recente información científica que sobre estas especies está dispoñible, en particular da cabala.

Pola súa banda a Xerente, Mercedes Rodríguez Moreda, está a participar nos Grupos de Traballo do Consello Consultivo de Augas Occidentais do Sur. En concreto onte celebráronse os Grupos de Traballo de Especies Peláxicas (onde se tratou sobre a pesqueira de cabala e a dificultade de xustificar unha diferenza biolóxica da cabala da zona VIIIc, a anchoa e a sardiña, así como a presentación dun proxecto de plan de xestión por parte de FREMSS e un proxecto de reconsideración da política de aletas adheridas) e da Subdivisión Insular (de interese para a frota espadeira). Este mércores celebrouse a reunión do Grupo de Traballo de Pesqueiras Tradicionais e este xoves asistirá ao Grupo Ad hoc sobre Descartes, continuando o traballo feito ao longo destes meses.

Finalmente, este xoves, Mercedes Rodríguez Moreda ten tamén previsto asistir ás reunións dos Grupos de Traballo 1 e 2 do Consello Consultivo Rexional de Augas Noroccidentais, que tratará das pesqueiras en Escocia e o Gran Sol.
Por outro lado, ambos os dous representantes da OPP-07-Lugo asistiron esta mañá á Conferencia sobre a Implantación da Obriga de Desembarca celebrada no seo das Xornadas Técnicas vinculadas a SINAVAL.

Exit mobile version