Site icon Crónica3.com A Mariña

Pasada das Cabras pisará Cangas do Morrazo

A Asociación Pasada das Cabras de Burela ten previsto para o sábado 11 de abril facer a RUTA MONTE DO FACHO en Cangas do Morrazo de 13,5 quilómetros e dificultade media/baixa. A saída realizarase ás 07.30 horas dende a Estación de Autobuses de Burela e o prezo será de 25 euros para os socios e de 30 para os que non o son. Inclúe autobús, comida e máis seguro. Os interesados deben anotarse en Gráficas Arfe ou no teléfono 982 580 504 antes do xoves 9 de abril.

Exit mobile version