Site icon Crónica3.com A Mariña

Pensamento e Sementeira impulsa unha tertulia sobre os vestixios do mosteiro de San Miguel e o sitio arqueolóxico de Estabañón

O vindeiro sábado 18 de abril, ás 19 horas, o colectivo viveirés PENSAMENTO E SEMENTEIRA organiza unha Tertulia aberta ao público que contará coas intervencións de Manuel Gago e Manuel Miranda.

“Arredor dunha illa, un mosteiro e unha vila asulagada: de San Miguel da Coelleira a Estabañón” é o título desta actividade que se desenvolverá na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro e na que tamén se proxectarán imáxes sobre os vestixios do mosteiro de San Miguel e o sitio arqueolóxico de Estabañón.

Manuel Gago, xornalista cultural e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, especializado en deseño e desenvolvemento de medios dixitais e en comunicación multimedia sobre patrimonio cultural, gastronomía e ciencia e Manuel Miranda, presidente do colectivo sociocultural MariñaPatrimonio serán os encargados de descubrirnos aspectos destes dous lugares tan descoñecidos para agrande maioría das persoas.

O colectivo organizador lembra que a entrada a esta tertulia é libre até completar o aforo da sala.

Exit mobile version