“Todo foi moi doado. Eu quería quedarme e o club tamén apostaba por min, así que chegamos a un acordo axiña” explicaba Peque, puntualizando que “este ano, a diferenza doutros, si que escoitei outras ofertas, de equipos de España, pero a miña primeira opción sempre foi Burela”.
A laranxa tamén falou con ilusión da recta final de liga. “Fáltannos un par de pasiños para a clasificación matemática para a Copa. Levamos toda a tempada pelexando contra as ausencias, pero conseguirémolo e loitaremos pola Copa como último gran reto da tempada”.
Torneo Amigable de Moscova
A pichichi mariñá defenderá a España no IV Torneo Internacional Amigable ‘9 de maio’ de Moscova (3-10 de maio). “O ano pasado non puiden participar na cita por motivos académicos así que estou moi contenta de ter unha nova oportunidade de competir en Moscova. Iremos con ganas de sacar o mal sabor de boca do mundial” explicaba a internacional no día da súa renovación co Burela FS Pescados Rubén.