A Asociación Abrindo Camiño, de ámbito comarcal, que dende Mondoñedo coordina Luis Ansedes, leva anos traballando a prol de que a Xunta recoñeza oficialmente como alternativa ó Camiño, a variante que, pola beiramar,leva de Ribadeo a esa xoia cultural que é San Martiño. Sen dúbida o acceso ó mesmo ven a engadir un atractivo de primeiro orde ó que é o Camiño Norte, á espera da nominación de Patrimonio da Humanidade. De contado vai celebrarse unha xuntanza entre membros de Abrindo Camiño e outras persoas e representacións, presidida pola Directora.Xeral de Patrimonio, co fin de avanzar neste sentido. San Martiño, onde amais do vello cenobio, coa bagaxe da historia e singular arquitectura – “exemplar único do pre-románico galego”—pode ollarse, mesmo ó seu carón, o Espazo Caritel, o Xardín Botánico de Caxigueiro, de mis de 3.500 m2, rebosante de variada e multicor flora, na que sobresae o mais dun cento de camelias, pretiño do obradoiro do que saen as pezas únicas que realiza o prestixoso mestre . Daniel Caxigueiro, naturista, escultor e poeta, pon o contrapunto de vital humanidade naquel engaiolante museo inanimidado…
Suso Fernández