O acto, que terá lugar o sábado 4 de abril a partir das 19.30 horas na Casa da Estación (actual Oficina de Turismo), contará coa presenza do alcalde, Darío Campos. Tamén se aproveitará para entregar un libro a cada participante e exporanse os traballos realizados polos pícaros durante os obradoiros artísticos de MAU Marela.
O libro é resultado dun proxecto cultural deseñado pola cooperativa ribadense Mau Marela en colaboración cos Concellos de A Pontenova, San Tirso de Abres e Ribadeo, ademais da AMPA do CRA “Ría del Eo” de Abres (Vegadeo). A impresión do libro contou co financiamento da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.