Site icon Crónica3.com A Mariña

Pintura e poesía en Mondoñedo con Sketchcrawk Galicia

O vindeiro venres 1 de maio, pintores de toda Galiza e Asturias pasarán o día debuxando e pintando polas rúas de Mondoñedo. A maioría dos que xa confirmaron a súa asistencia están integrados no movemento artísitco SKETCHCRAWLGALICIA aos que se lles uniron varios prestixiosos artistas da Mariña, outros moitos afeccionados e queda aberta a convocatoria para todos aqueles que desexen disfrutar dos encantos dos moonumentos e da e das rúas mindonienses nas que se verán escenas singulares por coincidir co día da feira das Quendas.

Esta convocatoria novedosa está integrada no programa festivo complementando ao festival poético musical denominado “Mondoñedo é Poesía”

Ademais, dez dos artistas asistentes a esta convocatoria aportaran cada un tres cadros, escollidos nas súas galerías, para formar a Exposición colectiva que se abrirá no Auditorio Pascual Veiga. Isabell Seidel, de orixen alemán, residente en Amoeiro (Ourense), Lucía López (A Coruña), Pelayo López, ovetense asentado tamén na cidade herculina, o vilalbés Eduardo Baamonde virá desde Cambados e o toledano Julián Ardura dende Betanzos; de Brión regresará á súa terra natal o deseñador Xosé Vizoso, de Xove colaborará Xoán Guerreiro e o cervense Antón “Caxoto” quen ademais colaborará co “Caxoto Kativo” nun obradoiro de pintura e literatura infantil ás 18.30 horas na Praza Jaime Cabot.

Ás once da mañá tódolos participantes farán a súa presentación no adro da igrexa dos Remedios para distribuirense polas distintas rúas debuxando e pintando á vista do público ata as dúas da tarde, momento que aproveitarán para celebrar un xantar de irmandade para reemprender de novo a actividade nun obradoiro colectivo de catro a seis da tarde na Praza da Catedral.

Organiza o evento o Colectivo Mondoñedo É en colaboración coa Asociación As San Lucas, ACIAM e Concello de Mondoñedo, Sketchcrawl Galicia, Casa da Penela e Casa de Mañas.

Exit mobile version