Site icon Crónica3.com A Mariña

PP de Ourol lembra que José Ramón Vázquez non traballa co equipo de Goberno Local

Ourol 16 de abril de 2015.- Tralas dúbidas que están xurdindo entre os habitantes do Concello de Ourol sobre o que foi tenente de alcalde co PP, o PP local quere aclarar que José Ramón Vázquez non traballa a día de hoxe co Equipo de Goberno Municipal.

Neste senso, os populares lembran que Vázquez, foi cesado o pasado nove de abril de tódalas funcións: de tenente de alcalde, de edil de obras e de tesoureiro.

Esta situación prodúcese logo de que José Ramón Vázquez lle comunicase ao rexedor que concorrería nunha lista independente ás eleccións municipais do vindeiro 24 de maio.

Exit mobile version