Site icon Crónica3.com A Mariña

Preséntase a candidatura de Son Viveiro

SON VIVEIROViveiro, 28 de abril de 2015.- Son Viveiro é unha coalición política nova, formada por xente de Esquerda Unida, Anova e cidadáns sen afiliación política, creada para presentarse as eleccións municipais do concello de Viveiro.

Ao haber xente nova na coalición, e para poñerlle cara aos nosos candidatos, adxuntamos fotografía dos membros que formamos parte dela.

Nos próximos días intentaremos falar cos distintos colectivos sociais, empresariais e deportivos para coñecer de primeira man todas as suas inquedanzas e problemas, buscar en común solucións e ser a súa voz no Concello.

Se algún colectivo ou persoa, está interesado en poñerse en contacto con nós, poderá facelo persoalmente con calquera dos candidatos ou a través do correo electrónico (sonviveiro@gmail.com) ou a través da rede social facebook, na páxina da organización Son Viveiro.

Exit mobile version