Viveiro, 21 de abril de 2015.- SON VIVEIRO fai oficial hoxe a lista das persoas que acompañarán a Víctor Marcial Miranda Gómez, na candidatura coa que aspiran a gobernar o concello de Viveiro.
Forman parte da coalición SON VIVEIRO: Mª José Basanta Fanego, Mariano Quintela Pérez, Marcos Besada Álvarez, Sara Trabada Blanco, Carmen Paula Insua López, Francisco Portilla Teixeira, Bruno Salgueiro Fanego, Alba Cela Ferreiro, Florencio López Díaz, Enriqueta Guitiérrez Martínez, Modesto Sánchez Casas, Xosé Pita Casabella, Juan Mendoza Hernández, Mª Dolores Guerreiro Pestanas, Luis Manuel García Otero, xunto co veterano ex-concelleiro Orlando Expósito Mariño. Completan a lista Gilberto Salgueiro Gabeiras, Ángel Antonio Sánchez Fernández e Juan Manuel Iglesias Tocado.
Membros de Esquerda Unida, Anova e independentes con inquedanzas políticas e xente nova, e na que convidamos a participar a outra agrupación cidadá, coa que se mantivo contacto para formar parte desta coalición de unidade da esquerda de Viveiro, pero que rexeitou de facto. Na formación está representada a realidade do concello, con traballadores do ensino, do agro, do sector do metal ou dos audiovisuais, xunto con sindicalistas, ecoloxistas, pensionistas e desempregados, castigados polos recortes aplicados pola dereita. Persoas vinculadas a asociacións veciñais, deportivas, culturais, medioambientais e que participan na vida da cidade, e que queren facer de SON VIVEIRO a voz dos veciños e veciñas no noso Concello.