Site icon Crónica3.com A Mariña

Primeira Ruta das Tapas de Alfoz

Alfoz, 15 de abril de 2015.- Esta vindeira fin de semana (sábado 18 e domingo 19) iníciase a Primeira Ruta das Tapas de Alfoz, que se desenrola paralelamente ás Segundas Olimpíadas Interparroquiais. Seis establecementos participan, que son: Restaurante O Frenazo, Cafetaría da Casa da Cultura (Morroncho), Restaurante A Naranja, Taberna San Pedro, Bodegón Ponte de Pau e Bar Rodolfo. Os participantes deberán completar os seis establecementos nesta primeira xornada e tamén na segunda e última, que coincidirá o sábado 25 e o domingo 26 e participarán nun sorteo de tres premios de 200 euros a gastar en establecementos de Alfoz. Cada un dos seis locais presentará unhas tapas propias, especiais e saborosas, que os visitantes poderán degustar. O sorteo dos tres premios serán o último día das Olimpíadas, o 2 de maio.

Exit mobile version