Debemos destacar que, como é habitual, hubo algunhas preguntas polémicas, como unha na que se preguntaban concellos da Mariña Lucense e unha das respostas de Lagoa foi “Abadín”. O Xurado deliberou e deuna por válida (depende de se se considera a Abadín dende o punto de vista xudicial ou administrativo), pero Lagoa, para evitar polémicas, renunciou ós puntos que lle correspondían por acertar, co cal o gañador foi Bacoi. O Xurado estivo formado por Pilar Díaz e Paz Quiroga, profesoras do Instituto Alfoz-Valadouro, Cruz Otero, Directora do Colexio Número 1 de Foz, e Lupe Flórez, profesora no Cantel de Foz e Concelleira de Cultura de Lourenzá.
O Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz fíxose pequeno para albergar a toda a xente que acudiu ó acto.
A competición continuará o vindeiro sábado día 18 coa proba de fútbol sala, na que o ano pasado gañara a parroquia de Carballido.