Site icon Crónica3.com A Mariña

Proxección en Ribadeo do documental sobre “o último guerrilleiro” galego

Dentro do Ciclo ’40 anos de represión e resistencia’ organizado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo e que conta coa colaboración da A.C. Francisco Lanza, A.C. Casa das Letras e Concello de Ribadeo; proxectarase o xoves 30 de abril no Teatro de Ribadeo, a partir das 20.30 horas, o documental “Xosé Castro Veiga, o último guerrilleiro”, de Xosé Reigosa con guión de Alfonso Eiré. Igualmente, coa mesma temática, continúa aberta ó público unha exposición na sala de turismo.

Exit mobile version