Site icon Crónica3.com A Mariña

Que partido!

E non se cortan un pelo. As cabezas máis visibles rodan como pelotas por todos os estamentos xudiciais. Cada semana, un dos “bichos” grandes do Partido Popular é encausado, investigado, imputado, procesado ou encarcelado. Unha boa parte dos recursos xudiciais están dedicados en exclusiva para eles, ademais da Axencia Tributaria, a policía especializada en delitos económicos e fiscais, e o Tribunal de Contas. Once dos catorce ministros que foron do goberno de Aznar andan nalgún dos peldaños xudiciais, incluído o propio partido PP e Rajoy.

Montoro partese de risa nos nosos fuciños. A campanita de Bankia soa a cencerro ameazante de ruína para todos. rato anda por aí solto indo e vindo a Suiza -non a comprar queixo-, grazas a que a Fiscalía Anticorrupción non puido atopar causa para investigalo e ha ter que ser a Axencia Tributaria e un tribunal ordinario quen actuaron, claro que dita Fiscalía tampouco atopou motivo para manter encarcelado ao insigne Blesa. Como sufrirá a inmensa maioría de honestos xuíces que len, directamente ou entre liñas, o que está pasando polas alturas político-xudiciais¡.

E é que no PP, os voceiros e correcamiños non se cortan co de poñer a man no lume por cada compinche que sae a palestra xudicial. Cospedal, Floriano, Aznar, e ata o mismísimo Rajoy, todos as teñen hoxe ben chamuscadiñas á plancha as suas mancipas cheas de merda. Máis, non lles importa. Co mesmo callo que defenderon aos presuntos ignoran hoxe aos delincuentes. Vaia familia, como para fiarse. Agora ese señor que ao parecer deixou de ser un ser human normal e ata ben visto para converterse en apestado inmundo. Imaxínoos rompendo a trochemoche fotos de besamans, desas que se colocan nos despachos para que o visitante vexa como llas gastan, a altura de amizades coas que se codean, imos, igual que o Pequeno Nicolás.

No PP non hai un garavanzo mouro, é o cocido o que está queimado, non hai piso en Génova sen contaminar, ata con obras pagadas sen IVA. Os feitos dos seus dirixentes demóstrannos as súas verdadeiras intencións, nada que ver coas súas promesas. E para que non protestemos aplícannos a Lei Mordaza. Todo un luxo de goberno, todo un luxo de partido. Esta debe ser a Marca España que ofreceron, estar na prensa internacional sinalados co dedo da corrupción.

Otero Regal.

Exit mobile version