Vista Alegre volveu vivir de emoción e sobresaltos no último duelo irmandiño da tempada en Vista Alegre, con repartición de puntos entre Burela FS Pescados Rubén e Santiago Futsal (3-3). A escuadra de Juanlu dispuxo na recta final de dúas ocasións a porta baleira e un dobre penalti no último segundo para levar os tres puntos, sen éxito.
Os primeiros compases foron dos laranxas, que intentaron atopar algunha fenda na defensa compostelá. Superado o primeiro minuto, un balón de Antoñito, logo de superar a defensa rival, chegaba sen forza ás mans de Íker. O Santiago soubo rendibilizar as súas ocasións e sen chegar antes con perigo á meta laranxa, no minuto 5, adiantouse con Lucho ao segundo pau a pase de Borja, cun balón que lle esvarou das mans a Edu e superou timidamente a liña de meta. Parecía que os visitantes cobraban forza en ataque, aínda que sen éxito. Rozando o ecuador, Iago Míguez a punto estivo de igualar a contenda nun man a man con Íker. Logo dunha perfecta actuación de Edu baixos os paus, intentouno Behroz no minuto 12, raso de lonxe, e no 14 a pase de Isi, pero á tercerá foi a vencida. O 9 burelista rubricou o empate en galopada asistido por Miguel (minuto 14). Os reflexos de ambos os gardametas tiveron que redobrarse para evitar as embestidas rivais na recta final antes de acabar a primeira parte. O Burela FS dispuxo de numerosas ocasións para poñerse por diant, con Chano desde balón parado no 15, Miguel a pase longo de Edu no 16 e Isi, que recolleu sen éxito na área fronte a Íker o apoio de Behroz desde a banda no 19. Sobre a bucina, Edu deixou sen forza o tentativa de Quintela desde balón parado.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Edu, Iago, Chano, Carlitos, Antoñito, cinco inicial; tamén xogaron Behroz, Hélder, Isi, Miguel, Renato, Ángel
Santiago Futsal: Íker, Lucas Bolo, Pablo Tallón, Hugo Sánchez, Quintela, cinco inicial; tamén xogaron Loito, Borja, Dani M., Iván Rumbo, Santi, Galego
Goles: 0-1, minuto 5, Loito;1-1, minuto 14, Behroz; 2-1, minuto 21, Antoñito; 2-2, minuto 28, Iván Rumbo; 2-3, minuto 33, Iván Rumbo; 3-3, minuto 36, Chano (penalti)
Árbitros: Redondo Arenales // Viedma Martín (Castela e León)
Tarxetas: Por Burela amarela a Antoñito (minuto 28), Edu (minuto 21), Miguel (minuto 39), Chano. Por Santiago Futsal amarela Lucho (minuto 5), Iván Rumbo (minuto 29), Borja (minuto 31), Marcos Vara