Site icon Crónica3.com A Mariña

Reunión sobre trastornos alimentarios en Burela

O vindeiro luns, 6 de abril, ás 12.30 horas na Casa do Concello convócase a unha reunión a persoas con trastornos do comportamento alimentario e/ou os seus familiares, xa sexan de Burela ou de calquera outro concello de A Mariña Lucense. Esta xuntanza ten por obxectivo aunar esforzos a través da constitucion dunha organización sin ánimo de lucro, coa misión de proveer axuda ás persoas que sofren trastornos alimentarios e aos seus familiares. Ao encontro asistirá o alcalde de Burela, José Mª González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán.

Exit mobile version