Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo en Común conta xa co 30% das 500 sinaturas precisas para avalar esta “agrupación de electores”

A plataforma veciñal “Ribadeo en Común”, catro días despois de comezar o prazo oficial de recollida sinaturas para avalar unha “agrupación de electores” coa que presentarse ás eleccións municipais, leva xa recollidas mais dun trinta por cento do seu obxetivo de 500 sinaturas.

As expectativas son boas e parece que, por vez primeira en Ribadeo, pode chegar a haber unha lista decidida e conformada por veciños entre as alternativas pechadas polos partidos políticos.

Pero seguimos a facer un chamamento ás persoas empadroadas no concello para que nos faciliten esta oportunidade.

Así mesmo, a data para presentarse como candidato ou candidata nas primarias que decidirán esta lista , remata mañá domingo día 5 de abril.

As persoas interesadas por algunha destas cuestións poden pasar por Clip Graff (rúa San Francisco nº 8), chamarnos ao número de teléfono 698 13 34 47 ou enviarnos un correo a ribadeoencomun@gmail.com.

Exit mobile version