Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo en Común presenta unha “lista cremalleira seguindo un criterio de paridade”

A plataforma veciñal “Ribadeo en Común” quere facer público o resultado das eleccións primarias que ven de celebrar na última semana e, polo tanto, a lista de candidatas e candidatos aprobados pola asemblea e ordeados seguindo un criterio de paridade con lista cremalleira.

Así mesmo, aproveitamos para agradecer unha vez mais á veciñanza a súa participación nas primeiras eleccións primarias que se levan adiante en Ribadeo.

Un total de 182 persoas tiveron dereito a voto. O criterio para a elaboración do censo de electores era ter asinado o manifesto da plataforma ou entregado o tríptico pre-aval antes do 1 de abril (data da apertura do prazo para presentarse como candidata), e os niveis de participación e representatividade obtidos foron valorados pola asemblea positivamente, tendo en conta as dificultades que conlevou comprtir as tarefas deste proceso coa recolllida de sinaturas para avalar a agrupación..

Unha comisión electoral e unha comisión de garantías, alleos á candidatura, velaron polo cumprimento do reglamento e o desenvolvemento do proceso.

Candidatura veciñal de ReC ás Municipais 2015
1. Mª Victoria López Louro.
2. Mario Penelo Riva.
3. María Novo Fernández.
4. Iván Rodríguez Lombardero.
5. Lidia Ares Taboada.
6. Evaristo Lombardero Rico.
7. Mª del Rocío Botana García.
8. Julo César González García.
9. Eva Paula Roca Posada.
10. Carlos Daniel Scavuzzo Mejías.
11. Mª José García Burgo.
12. Víctor Villar Caamaño.
13. Mª José López Martínez.
14. David Regueiro Rama.
15.Mª de los Ángeles Domínguez Barroso.
16. Héctor Peña Díaz
17. Mar Orosa Pérez.

Suplentes
1.Emilio García García
2.Elvira Posada García
3.Carmen Manzanal Gómez

Exit mobile version