Site icon Crónica3.com A Mariña

Rocío López candidata do PSOE en Lourenzá, lidera unha lista renovada nun 50%

LOURENZÁ, 26 DE ABRIL DE 2015.- O secretario Provincial do PSOE –Juan Carlos González Santín- e a vicepresidenta segunda da Deputación –Lara Méndez- participaron na presentación da lista coa que a agrupación socialista de Lourenzá concorrerá nos vindeiros comicios municipais do 24 de maio e que está liderada por Rocío López. Trátase dunha lista formada por 11 integrantes e 3 suplentes, e que combina xente con experiencia política e xente que ven a renovala nun 50%.

Para o secretario Provincial, a candidatura socialista “é a verdadeira alternativa de futuro para Lourenzá, xa que fronte ao desgoberno do PP, nós apostamos polos veciños e veciñas, por satisfacer os servizos sociais básicos, por impulsar o emprego e, sempre, cunha xestión das contas por e para a cidadanía”. “O proxecto de Rocío López é un proxecto gañador, que saberá cumprir cos obxectivos socialistas no municipio e que non é outro que cumprir coas nosas promesas, gobernamos para as persoas, por iso a candidatura do PSOE é a que sacará a Lourenzá adiante”, engadiu.

Pola súa banda, Lara Méndez destacou a capacidade da candidatura do PSdeG para sacar a Lourenzá “da parálise á que o ten sometido o goberno local do Partido Popular, esgotado e falto de ideas”. “Os socialistas somos os únicos capaces de impulsar un proxecto de futuro. Así o fixemos na Deputación. Revalorizamos A Mariña, zona que o PP tiña esquecida. Fomos capaces de desbloquear a posta en marcha dos parques de bombeiros, investimos 2,8 millóns nas residencias públicas de Trabada e Ribadeo, puxemos en marcha no Valadouro a primeira escola pública de horticultura de Galicia, impulsamos a promoción turística con todo tipo de iniciativas, e garantimos os servizos sociais básicos, que Feijóo decidiu, dun día para outro, non pagar máis”, asegurou a Vicepresidenta.

Contando coa cidadanía
Afrontan o proxecto coa ilusión de gañar e poder traballar para dar a Lourenzá o cambio que necesita. “Poñeremos todas as nosas ganas e esforzo para sacar o proxecto socialistas adiante, o que revertería nunha mellor atención da cidadanía fronte a un goberno sectario y discriminatorio do PP que non ten en conta para nada á cidadanía”.

“Queremos dar resposta ás principais demandas e necesidades dos veciños e veciñas do noso municipio”, afirma a alcaldable, e para iso, “basearemos o noso proxecto de goberno na creación de emprego para reducir as cifras do paro no concello e en recuperar os servizos públicos que se foron perdendo coas políticas do PP”.

A candidatura coa que o PSOE pretende acadar a alcaldía de Lourenzá, é a seguinte:

1.- Rocío López García

2.- Manuel Arango Ron

3.- Carlos Rivas Rivas

4.- María Mercedes Dengra Sixto

5.- Francisco Dasilva Rivas

6.- Miguel Castrillón Fernández

7.- Guillermo Rinlo Munín

8.- Marcos Candía Cuba

9.- Ana Belén Martínez Fernández

10.- José Moirón Torrente

11.- Mario Leitón Ramallal

Suplentes:
1.- Vanesa Vallines Dasilva
2.- José María Martínez Cienfuegos
3.- José María Sánchez Marful

Exit mobile version