Rocío López asume “con transparencia o compromiso de servir aos veciños e veciñas do municipio co obxectivo de ofrecer unha oportunidade de cambio, unha alternativa de goberno que acabe coas políticas sectarias e discriminatorias do PP”. “Fronte un goberno que non ten en conta para nada as necesidades dos laurentinos e laurentinas traballaremos para que o municipio teña o cambio que precisa e poremos todo o noso esforzo para sacar este proxecto socialista adiante”, afirmou.
O obxectivo dos socialistas é fomentar a participación cidadá e crear un modelo de concello transparente e próximo á cidadanía. “Queremos crear un goberno aberto a todos, atento aos problemas dos nosos veciños e veciñas e que reparta os recursos xusta e equitativamente”.
A candidata socialista á alcaldía de Lourenzá subliña como liñas básicas do seu programa de goberno a creación de emprego, en primeiro lugar, a través de políticas que permitan reducir as cifras do paro no concello; e, en segundo lugar, a garantía dos servizos públicos, algo que a cidadanía foi perdendo coas políticas do PP”.
Datos da candidata
Rocío López é unha persoa fortemente comprometida cos valores socialistas. Con 31 anos é licenciada en Administración e Dirección de Empresas e traballa como administrativo nunha empresa do sector forestal.