Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Roteiro do Masma’ organizado polo Concello de Barreiros

O Concello de Barreiros organiza para este domingo, día 26, o Roteiro do Masma cunha etapa dende Porto Chico, en Foz, ata a barreirense praia da Anguieira. Á 09.30 horas sairá un autobús dende a praia da Anguieira para trasladar aos participantes na ruta ata Porto Chico, dende onde empezará o percorrido a pé ás 10.00. A chegada á Anguieira para rematar a actividade está prevista para as 13.00 horas. Os participantes que recollan durante o percorrido tres residuos, de plástico ou de cristal, recibirán un agasallo.

Exit mobile version