“Non se me ocorre ninguén máis acertado que María para liderar esta oportunidade. Grazas alcaldesa, como socialista, porque eres unha excelente candidata, e grazas, como cidadán, por dar a cara nun momento de tanta incertidume e desconfianza política. Aceptando este reto, demostras que apostas pola política aberta e pola política limpa como a ferramenta máis digna para Viveiro”, destacou o secretario Provincial, quen dixo que “os veciños necesítante porque só os socialistas podemos garantir a igualdade, a participación social, cultural e cívica; en definitiva, un proxecto que protexa a todos e que goberne para todos. Hoxe máis ca nunca, María, Melchor estaría orgulloso de ti”, apuntou Santín.
“O Partido para a sociedade”
Loureiro iniciou as súa intervención, manifestando que “é emocionante e gratificante verse rodeado dos meus veciños”. “Eu dixen si ao Partido, e agora o fago ante vós, e con vós. Síntome moi orgullosa e disposta a afrontar este reto, que se resume en traballar xuntos polos cidadáns”, sinalou diante dos asistentes.
“O Partido só é decisivo se traballa por e para a sociedade. Non é a sociedade para o Partido, senón o Partido para a sociedade”. Por iso, recoñeceu publicamente que “teño ao mellor equipo e un proxecto con propostas solventes, concretas e realistas”. Neste senso, adiantou que, se revalida a confianza da cidadanía, seguirá traballando para “manter os servizos sociais, impulsar políticas que permitan reducir o paro, ademais de apostar de xeito decisivo por potenciar a oferta cultural e deportiva, co fin de que Viveiro sexa unha cidade atractiva non só para os visitantes, senón tamén para os que eliximos con orgullo vivir nela”.
“Representamos a igualdade”
Asemade, a alcaldable manifestou a súa satisfacción porque coa súa candidatura “representamos a igualdade”. “En Viveiro preséntanse cinco forzas políticas e só unha muller encabeza unha, que é a nosa, a do Partido Socialista, a do Partido que dende sempre loitou para lograr unha sociedade máis xusta”. A este respecto, subliñou que son “as súas convicións” as que a levan “a este desafío” e que as “forzas e as razóns veñen tamén dos demais porque sodes vós os que me dades o empurrón, o mesmo que me deu o meu pai político, Melchor Roel”, insistiu.
Valía e compromiso da candidata
A Vicepresidenta Segunda da Deputación destacou a valía e compromiso de María Loureiro para seguir á fronte do Concello de Viveiro. “Os veciños sábeno, saben que poden contar con ela e co PSdeG para traballar para todos os vivarienses, atender as súas demandas e preocupacións, e seguir facendo de Viveiro un concello dinámico e atractivo”.
“Alí onde gobernamos, os socialistas somos a principal barreira fronte aos brutais recortes sociais da dereita. Demostrouno María Loureiro en Viveiro e demostrámolo na Deputación, onde incrementamos a niveis históricos os investimentos para crear emprego e para garantir a prestación de servizos sociais básicos, como a Axuda no Fogar ou a teleasistencia, que os Gobernos do PP na Xunta e o Estado deixaron de financiar dun día para outro”, asegurou a Vicepresidenta.
Candidatura ao completo
María Loureiro lidera así, unha candidatura que combina experiencia cunha renovación nos principais postos de saída, pois nos dez primeiros integrantes, renova cinco; o que supón un cambio do 50%. Concretamente, os números catro, cinco, seis, sete e dez son novas incorporacións. Con todo, a lista completa é a seguinte:
1.- María Loureiro García
2.- Jesús Antonio Fernández Cal
3.- María Isabel Rodríguez López
4.- Jesús Fernández Fernández
5.- Lara Fernández Fernández-Noriega
6.- Emilio Villamea Méndez
7.- María Soledad Rey Yáñez
8.- Carlos Alberto Gueimunde Cabaleiro
9.- María Carmen Franco Díaz
10.- Jacobo Bermúdez Guerreiro
11.- Telma Candura Regal
12.- Vicente Hermida Rodríguez
13.- Vitorina Candeias Raposo de Matos
14.- Jesús Chao Da Silva
15.- María José Viña Bañobre
16.- José Miguel Sánchez Vázquez
17.- Aurelio Goas Gómez
Suplentes:
1.- Olga María Méndez Carro
2.- José Manuel Fernández García
3.- María Dolores Fraga Fernández