Site icon Crónica3.com A Mariña

Sarabela Teatro no Día do Libro en Alfoz

IMG_7159Alfoz, 27 de abril de 2015.- En Alfoz, por condicionamentos de axenda, celebramos o Día do Libro o luns 27 de abril. Foi no Salón de Actos da Casa da Cultura e contamos coa presenza de Sarabela Teatro, que nos representou a súa obra “Camilo Comilón”, dentro do programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia. Asistiron todos os alumnos do Colexio Castro de Ouro e os seus profesores. Sarabela Teatro, a través da historia dun porquiño ó que lle gustaba moito comer mostrounos a importancia dos contos e da lectura.

Exit mobile version