Site icon Crónica3.com A Mariña

Saribel Suárez e Valentina Fernández recibirán os premios como ribadense do ano e socia honorífica na Gala de ACISA

Ribadeo, 1 de abril de 2015. Acisa ultima os preparativos da gala anual que terá lugar o próximo 12 de abril, segundo deu a coñecer este mércores a súa directiva.

No evento farase entrega dos premios ao ribadense do ano e ao socio honorífico, que este ano recaeron en Saribel Suárez Rodríguez e en Valentina Fernández Fernández. No acto intervirán o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e o presidente de Acisa, Francisco Iriarte.

A gala terá lugar no restaurante A Dorada do Cantábrico o domingo 12 de abril a partir das 21.00 horas. Un cómico será o encargado de dirixir e amenizar a velada, na que haberá máis dunha sorpresa.

Todos os socios e socias Acisa que queiran acudir á gala poden retirar as súas tarxetas nas oficinas da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo ou no restaurante A Dorada do Cantábrico. O prezo é de 25 euros.

Exit mobile version