Site icon Crónica3.com A Mariña

Sobre verdades ou mentiras

Edmundo Maseda Maseda – Está claro que son as verdades as que ofenden.

O Sr. Lamela, candidato a alcalde de O Valadouro, sintese ofendido cada vez que escoita as verdades sobor do Valadouro, como pasou no último Pleno do Concello donde se lle deu unha lección sobre o que é xestión e liquidez dun Concello, a cal non puido soportar abandoando o Pleno e posteriormente amenazando e insultando o Secretario Xeral do Psoe de Valadouro.

Si tuvese a personalidade suficiente e a categoria que esixe o cargo o que aspira, escoitaria a dación de contas do Pleno na sua totalidade. Seguro que aprendia “de vez” o que significa “liquidez”. A que ten hoxe o Concello do Valadouro despois de apenas 2 anos de goberno socialista: 550.000€ no banco e 433.000€ de remanente de tesoreria, PERO, despois de ter contabilizados a 31 de marzo, todos os gastos do presuposto ata o 31 de decembro. Non coma o Sr. Lamela que deixou 219.000€ no banco e 242.900€ pendentes de devolucion de licencias de obras e tributos do Estado. Cifra que Nós pagamos: 142.600€ no 2013 e 102.300€ no 2014. ¿Quen minte Sr. Lamela? esto tamen está avalado polo servizo de entervención municipal i é “publica e comprobable”

En canto o “cambio de partida” que dice para pagar a luz, seguramente se refire a “transferir diñeiro de unha partida a outra”. Claro que se esquece de que esas partidas teñen que vincular entre elas, non de calquera maneira, e debe facerse de forma responsable, porque si minora unha partida, non pode volver a aumentala. ¿A caso non se acorda que transferiu Vd. da partida de persoal para pagar o 2º prazo do solar que mercou o lado do rio? ó quedar esa partida minorada, o pouco tempo o Sr. Lamela quedaba sin cartos par pagar o seu sueldo.( Esto tamen está avalado por intervención). De feito Eu mesmo, o 1º mes de Alcalde non cobrei porque non habia cartos na partida, ata que aprobamos os orzamentos.

¿Xa non se acorda que foi eso o que o obligou a presentar a moción de confianza que propiciou a sua caida da Alcaldia? Eso i que o seu partido o abandonou a sua sorte, porque si o Sr. Lamela tuvese algún peso no PP, non lle pasara o que lle pasou.

Todo o contrario ó que me pasa a min. Porque o meu partido apreciame e valora o meu traballo, ata o punto de que, nun agasallo de consideración, chegan a nomearme ” polos feitos” o mellor Alcalde. ( Debe entenderse que se refiren a esta lexislatura, na que Valadouro contou con 2 Alcaldes: Lamela i Maseda.

Ainda que Lamela puxo na miña boca esas palabras, que calquera que me coñeza minimamente sabe que Eu nunca pronunciaria, e de feito todolos asistentes a presentación da candidatura poden corroborar que non pronunciei, si bou afirmar, e afirmo, que sí me considero mellor Alcalde que Lamela. E a os feitos me remito, os feitos de esta lexislatura: 2 anos de Lamela e 2 anos de Maseda. A diferencia é notable, i eso é o que molesta a Lamela, que en vez de mirar polo Valadouro mirou polo seu bolsillo durante 2 anos, e os outros 2 pasounos pataleando, lamentando, denunciando etc. etc. etc. pero facer algo polo pueblo: NADA DE NADA.

O Sr. Lamela non foi capaz de xestionar unha subvención de 30.000€ para seguir cobrando o sueldo e manter a Alcaldia, para cando mais traer algo para o pobo.

En canto a actos de soberbia, decir que ter ganadas as eleccións, eso sí que é un acto de soberbia e prepotencia. Non venda Vd. a pel antes de matar o oso, Sr. Lamela. Espere a que o pobo se pronuncie, e recorde que os votos son todos prestados, prestados polo pobo para que os politicos os devolvamos con intereses, utilizandoos para mellor a vida dos ciudadanos. Dende logo Lamela ten un concepto da democracia moi particular.
Pois nada, Sr. Lamela, sorte e: ” a quien Dios se la dé, San Pedro se la bendiga”

Exit mobile version