Site icon Crónica3.com A Mariña

Son valentes

ivan-marrubeNestes tempos de desafección coa política na que o único que está garantido nada máis implicarte é a presunción de culpabilidade, non digamos xa de quen acade un cargo grazas a confianza cidadá. Pois cabe tildar de valentes a todos eses veciños do teu concello, do meu, ou máis alá, que deciden dar un paso ó fronte e traballar por que mellore o seu entorno.

Non é novidade que a realidade está difícil, que son miles as persoas que non teñen cubertas necesidades tan básicas como comida ou teito, que no teu concello xusto ó teu carón se despilfarra diñeiro en base a criterios moi afastados do sentido común, somos a maioría os que reclamamos transparencia e boas prácticas na xestión dos organismo públicos, e sobre todo unha xustiza real, si moita xustiza.

Máis o habitual en toda esta selva na que cada quen vai ao seu, e que toda aquela persoa coa que compartes tempo, ven sexa no traballo, tomando un café a media maña ou cun un viño a medio día, xantando no bar da esquina ou facendo un pouco de deporte ó final da xornada, desacredite da política e de todo o relacionado coa mesma, ó tempo que manifesta o seu rotundo non ante a mínima proposta de participación nese circo chamado política, como perfectamente poden definir, máis ese circo é circo porque a día de hoxe non apareceu quen o fixera mellor, quen propuxera alternativas máis positivas, solución máis beneficiosas ou ben porque non atoparon o interese persoal que os motive a dar o paso, que así é a natureza humana, as veces triste e outras digna de crear orgullo alleo.

Participar en política é empregar o teu tempo en traballar por intereses de outras persoas, en defender e mellorar o patrimonio que é de todos, hai moitas formas de facelo, boas, regulares e malas, moitos partidos políticos que usar como instrumento para acadalas, a liberdade de creación de moitos máis o gusto de cada quen, e sobre todo a posibilidade de cambiar de elección cada catro anos

Polo cal, a miña máis sincera noraboa a todos os valentes que dan un paso ó fronte para implicarse na xestión do patrimonio común, por empregar o seu tempo na xestión do que é de todos, as veces máis e outras menos acertadamente, pero sen dúbida valentes, porque mentres outros critican dende a barreira sen practicar tan sequera un voto consecuente, esas persoas empregan o seu tempo e diñeiro para traballar polo seu concello e os veciños do mesmo.

Persoas con vocación de servizo público non son unha raza especial, quizais o raro sexa atopar sociedades que as sepan valorar.

Iván Marrube

Exit mobile version