Site icon Crónica3.com A Mariña

Torneo aberto de Xadrez no Martínez Otero de Foz

Cartel Torneo Xadrez (1)-page-001Foz, 22 de abril de 2015.- O vindeiro sábado 25 de Abril, a partir das 11h, o Colexio Martínez Otero, co gallo do seu 75 aniversario, organiza nas súas instalacións un Torneo Aberto de Xadrez.

Poderán participar xogadores/as de tódalas categorías, dende os 8 aos 99 anos. Para inscribirse chamar aos teléfonos 982 140 028 e 676 787 299 ou no correo electrónico: cpr.martinez.otero@edu.xunta.es

O torneo rematará cunha partida simultánea entre un Mestre de Xadrez da Escola Xaquedrum de Lugo e varios/as xogadores/as.

Exit mobile version