O vindeiro sábado 25 de abril, a partir das 11.00 horas, o Colexio Martínez Otero, co gallo do seu 75 aniversario, organiza nas súas instalacións un Torneo Aberto de Xadrez. Poderán participar xogadores e xogadoras de tódalas categorías, dende os 8 aos 99 anos. Para inscribirse chamar aos teléfonos 982 140 028 e 676 787 299 ou no correo electrónico: cpr.martinez.otero@edu.xunta.es. O torneo rematará cunha partida simultánea entre un Mestre de Xadrez da Escola Xaquedrum de Lugo e varios xogadores e xogadoras.