Site icon Crónica3.com A Mariña

Un operario resultou ferido de consideración na Pontenova tras ser atropelado por unha máquina coa que traballaba

Os servizos sanitarios de urxencia evacuaron este martes a un traballador que resultou ferido despois de ser atropelado por unha máquina, mentres realizaba o seu traballo no Concello da Pontenova, arredor das doce do mediodía.

Debido á importancia das lesións ocasionadas, se requiriu a presenza do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, que esperaba ao ferido no campo de fútbol da localidade.

Dende o CAE 112 Galicia, tras ser alertados polos servizos sanitarios, se solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil e dos efectivos do GES e de Protección Civil de A Pontenova.

Exit mobile version